
andar ó vagabán polo corpo de muller que para min inventaches nalgún escenario inconcreto do pasado e que resiste.
“no quiero saber a qué me aproximo, no quiero indagar. afortunadamente, tengo mala memoria, a menudo en reposo o en lo indeciso.” suliñado de cor laranxa na páxina 154 dun libro que collín novamente nas mans despois de non sei canto tempo e que collín por coller, sen necesidade (impulsos caprichosos que me alegran e me asustan a partes iguais).
define mouvement 7 tinta sobre papel.
all the wild horses. era esa a desembocadura do río que pasaba manso baixo a ponte das poldras? cal era o río, cal a ponte, cal o motivo dese camiño, deses ollos cheos de pés descalzos? ollos de cardo en flor, ollos de fráxil consistencia.
me estás oyendo inútil? toda a miña poesía apenas un instante, un feroz instante de soberbia e vanidade…
“no quiero saber a qué me aproximo, no quiero indagar. afortunadamente, tengo mala memoria, a menudo en reposo o en lo indeciso.” suliñado de cor laranxa na páxina 154 dun libro que collín novamente nas mans despois de non sei canto tempo e que collín por coller, sen necesidade (impulsos caprichosos que me alegran e me asustan a partes iguais).
define mouvement 7 tinta sobre papel.
all the wild horses. era esa a desembocadura do río que pasaba manso baixo a ponte das poldras? cal era o río, cal a ponte, cal o motivo dese camiño, deses ollos cheos de pés descalzos? ollos de cardo en flor, ollos de fráxil consistencia.
me estás oyendo inútil? toda a miña poesía apenas un instante, un feroz instante de soberbia e vanidade…
7 comentários:
vaia estilismo!; gústame esta doceaba -a imaxe-
A ponte das poldras non é sobor de río, senón de lagoa, a de Antela, xa sabes onde repousa Arturo e os seus cabaleiros e donas que virados en cínifes rondan as extremas das augas
rotundamente
Ada
** deberías publicar esta escritura, é excelente
Estim(Ada)**, este é un xeito de publicar, o máis doado, o que podo eu decidir sen depender (?) de editoriais/editores. Grazas polo consello e, sobre todo, grazas por seguir entrando aquí e traerme os teus datos cartograficamente precisos.
p.d.: na lagoa de Antela unha veciña miña pescaba/cazaba ras cunha cinta amarela enganchada nun pao (eso conta), cortáballes as ancas e tiraba o resto do corpo novamente á auga. Biolencia.
pois era así o das ranadas, pero no me lado era cunha cinta vermella, aínda que o meu lado era un xa lonxe ou derrame da lagoa; a ponte... entón ao mellor xa o sabes, tendiase sobre a lagoa e foi destruido cando a desecación, coñeces a fotografía da excavadora tragandose a ponte?
coñeces a Violenza Guterrez, o personaxe de Ferrín no Ventre do silencio?, é un ser marabilloso
bicos
Ada Leis París (Ada Murati)**
'o grao de incerteza é cada vez menor' (pax. 26: A ponte das poldras).
O strip-tease como performance na pa da escavadora.
En canto ó ventre ferriniano, o mellor proveito que lle saquei foi lanzarme á relectura de Antón e os iñocentes (así), libro que, ó igual que co asfódelo de Camus, non fora quen de capturar alá na miña rural adolescencia.
Ada Leis París, agardo un día entrar a saco no m-Tala e, coma o bárbaro que sigo sendo, convertir o cardo e o decumano en prados inundados de lagoas desecadas.
realmente vostede e mais eu non podemos despedirnos así, na decimonovena; como eu non teño nin a menor idea da súa identidade, nin de como buscalo cando clausure este medio de contancto, e seguramente si sabe vostede quen son eu... pois, trate de arranxalo
violentamente
Narda **
l'amour à mort: a dialéctica da edición é a dialéctica do amor: Cide Hamete é un exemplo de priapismo: Kafka de frixidez: os dous están do mesmo lado do texto: un amigo músico sacou un 8.5 nun exame de literatura española en primeiro de carreira respostando "Garcilaso de la Vega es el Laurence Olivier de la literatura española": propoño nomear a Cave Canem o Vittorio Gassman dos blogs en galego: Arturo durme o seu soño para sempre: os seus ollos reflíctense nos vidros da biblioteca de Sarajevo (Eagleton, Terry, "Sweet Violence. The Idea of Tragic", Oxford, Blackwell, 2003)
Os problemas de identidade son máis frecuentes do que queremos recoñecer. O propio Lacan posuiu 'A orixe do mundo' de Courbet e ocultou o lenzo baixo un Masson (vostede sabe moito máis ca min de Lacan). Pero atoparme é moi doado, hai e-mail aberto para a comunicación (?).
Claro que eu estou a falar do can sen nome, non do can fríxido ou priápico(a utopía) chamado Vittorio Gassman (can de palleiro ó fin e ó cabo). Mongoloid non fai máis que encirrar e ben sabe que 'yo tal vez no soy yo aunque mi perrito me conozca'.
Enviar um comentário