domingo, 23 de dezembro de 2007

AGRESIÓN.17


define chus pato.




neste instante está vostede (si, vostede) en pleno paralelo 17. norte ou sur, cara ou cruz, branco ou negro, hache ou be… a todo lector lle chega máis pronto ou máis tarde a hora de decidirse, de tomar partido, de partirse, de decantarse (o meu merlo tamén se decantou). o poeta resulta entón (agora) completamente innecesario e pode abandonarse sen máis ós seus recordos ata fundirse no silencio do chío fabuloso que escoitou un día cando aínda soñaba co don da trascendencia.




do tamaño dos peixes, dos ciclos reproductivos, das mareas, dos ventos, da inmensidade do mar. deixarse arrastrar por un cardume irisado sen darlle importancia ó feito intrascendente de poder respirar. ter un instante, eso si, un destello de lucidez, e mirar para as estrelas, miralas unha por unha e todas xuntas porque esa é a orixe e ese é o fin último: luz que se apaga, lapa derrotada entre dous dedos, enerxía definitivamente transformada, trastornada, consumida.




define roberto bolaño.




…al final de un día cualquiera. me estás oyendo, inútil? life is long, my love has gone away from me. imposible pensar en otra cosa.




“pensas acaso que o poeta cando escribe está no máis adecuado estado óptimo de saúde?”



…a actriz metida no seu papel, o papel dunha actriz: ‘define biolencia’, dille (di).

6 comentários:

Anónimo disse...

ou cando no amencer as follas estradas na carballeira cadran co roibén do ceo

a estrela

Ada**

FraVernero disse...

... a dous de Nivoso, ano CCXVI...

“pensas acaso que o poeta cando escribe está no máis adecuado estado óptimo de saúde?”

Non, evidentemente. A escrita é unha forma insidiosa de enfermidade espiritual, de febre. Tanto o consumo como a escrita...

A trascendencia fuxe de nós, apestados. Será o eterno feminino, que turra de nós para o alto...

Salut et Fraternité, Citoyen

Anónimo disse...

será pois a xoia do cosmos que lacera e sutura, que tensa e articula, que difire, que difire... pois iso, o eterno feminino, a estrela

Ada

cave canem disse...

O eterno (a pesar do paradoxo) unicamente pode ser feminino: a estrela (sempre coas puntas abertas).

Anónimo disse...

invitación ó desastre: si, a letra é droga e enfermidade: language is a virus from outer space: mais se quen escribe é un enfermo: cal é o seu límite? o malditismo? a morte? Balzac compraba café só para escribir ou tamén para ler? o eterno femenino: na súa observación semi-irónica se traspasa (en Fowles, por exemplo)... para ler e para escribir hai que querer matarse? idealmente non? pero é que acaso hai outro mundo?

Anónimo disse...

Mongoloid rematando a faena para deixala así definitivamente incompleta, única solución posible e, non sei realmente, pero aseguraría que si, balzaquiana (penso en Rivette executando a súa lectura de 'La obra maestra desconocida' a través do film 'La bella mentirosa'). Que máis podo/debo dicir?

p.d.: Birkin vs. Béart.