Ei, non me asustes, acabo de chegar...dame tempo para ler e mirar devagariño, senón non presta. É a primeira vez que vexo un bló cunha data de defunción prefixada, unha experiencia que me dará para pensar, sen dúbida.
no te mueras tanto: Saturno e Pérez Reverte volven a estar á moda: un pesadelo é unha alteración como un soño bonito tamén: o normal é non soñar nada: Molloy: non soñar nada é o paradiso de Freud: pero Freud era xa ateo e non temos salvación despois del: se Pérez Reverte e Cave Canem tiveran que loitar a morte nun bonito e coreográfico duelo chambara, o primeiro diría 'hideputa' e 'malandrín' mentres que o segundo diría 'ponte-das-poldras': é o que ten a periferia (como os filmes de Buster Keaton dos anos cincuenta e sesenta): nunca sabes por onde vai saír: morrer é agora: así a próxima será o paradiso: algo se muere en el alma cuando un amigo se va
(vid. Timpanaro, Sebastiano, "Il lapsus freudiano. Psicanalisi e critica testuale", Torino, Bollati Boringhieri, 2002)
Pérez Reverte elixiría a espingarda e eu, por suposto, preferiría as dentelladas. A coreografía non deberá ser moi complexa, o baile require de boa elasticidade e de sentido do ritmo (non sei se Reverte, pero o can vai xustiño). Polo demais -querida Ana Bande-, un día ou outro todo se acaba e, neste caso (este blog) non tería razón de ser seguir estirando inutilmente (mente inútil: non da máis de sí: un can é un can é un can, que xa é moito pedirlle a unha rosa).
Vaia... esta é un espectro de Saturna devorando aos seus fillos... ou Cibeles, cos sacerdotes castrados, os galli, axitando os sistros nas Festas Sagradas e proibidas polos Senadores...
Aparquemos iconos de feminidade negativa...
Freud non só era ateo, senón que gustaba dos praceres fortes, e non se privaba de coca, opúsculos incluídos, e uns xarutos enormes que foron a causa do cancro que rematou con el (e seguía fumando, no medio de fortes dores...). Un xaruto, metonimia de falo (de teoría freudiana, enténdase, non o adminículo físico) con toda a autoridade patriarcal, igualiño -agora que a vexo de perfil- á cúpula de Gur-i-Emir...
Debe ter sangue de lobo, e dentes de ferro afiado para morder nos cadrís do Reverte... Coide, Lobo (ou loba) Fenrir, que xa chama vostede polo seu propio Ragnarog dentro duns cantos días...
falando de Saturno, leo bastante sobre este des-astr(e); non ter astro, continuar no desastre, ser des-astrado; ando agora con "Ferrín e outras historias" de Santiago Lamas, xefe do servicio de Psiquiatria do Complexo Hospitarlario de Ourense -así di a contracapa- o primeiro dos tratados é sobre o suicidio, realmente interesante e cun galego moi peculiar (estouvos recomendando o libro?) pois non o sei
pero si, Saturno
eu diría "que as furias te consuman" pero non a Pérez Reverte
e máis cousas que leo sobre a melancolia, en Agamben creo e por certo hai un cita de Agamben que moito me gustaría anotar, prezadísimo can, é sobre o "todo está xa escrito" e en Giorgo di "pois tal e tal", teño que buscala antes de que nos despidamos, ai que tristura!
rotundamente
Ada Murati
**(a nugalla empeceme rexistrar o nome, pero son eu asegurollo, quen querreria suplantarme?)
Murati era unha marca de pitos, na antigüidade claro, polo demais ando a voltas co inglés
6 comentários:
Ei, non me asustes, acabo de chegar...dame tempo para ler e mirar devagariño, senón non presta. É a primeira vez que vexo un bló cunha data de defunción prefixada, unha experiencia que me dará para pensar, sen dúbida.
¿Ábreselle a boca co sono ou coa fame?
no te mueras tanto: Saturno e Pérez Reverte volven a estar á moda: un pesadelo é unha alteración como un soño bonito tamén: o normal é non soñar nada: Molloy: non soñar nada é o paradiso de Freud: pero Freud era xa ateo e non temos salvación despois del: se Pérez Reverte e Cave Canem tiveran que loitar a morte nun bonito e coreográfico duelo chambara, o primeiro diría 'hideputa' e 'malandrín' mentres que o segundo diría 'ponte-das-poldras': é o que ten a periferia (como os filmes de Buster Keaton dos anos cincuenta e sesenta): nunca sabes por onde vai saír: morrer é agora: así a próxima será o paradiso: algo se muere en el alma cuando un amigo se va
(vid. Timpanaro, Sebastiano, "Il lapsus freudiano. Psicanalisi e critica testuale", Torino, Bollati Boringhieri, 2002)
Pérez Reverte elixiría a espingarda e eu, por suposto, preferiría as dentelladas. A coreografía non deberá ser moi complexa, o baile require de boa elasticidade e de sentido do ritmo (non sei se Reverte, pero o can vai xustiño).
Polo demais -querida Ana Bande-, un día ou outro todo se acaba e, neste caso (este blog) non tería razón de ser seguir estirando inutilmente (mente inútil: non da máis de sí: un can é un can é un can, que xa é moito pedirlle a unha rosa).
Vaia... esta é un espectro de Saturna devorando aos seus fillos... ou Cibeles, cos sacerdotes castrados, os galli, axitando os sistros nas Festas Sagradas e proibidas polos Senadores...
Aparquemos iconos de feminidade negativa...
Freud non só era ateo, senón que gustaba dos praceres fortes, e non se privaba de coca, opúsculos incluídos, e uns xarutos enormes que foron a causa do cancro que rematou con el (e seguía fumando, no medio de fortes dores...). Un xaruto, metonimia de falo (de teoría freudiana, enténdase, non o adminículo físico) con toda a autoridade patriarcal, igualiño -agora que a vexo de perfil- á cúpula de Gur-i-Emir...
Debe ter sangue de lobo, e dentes de ferro afiado para morder nos cadrís do Reverte... Coide, Lobo (ou loba) Fenrir, que xa chama vostede polo seu propio Ragnarog dentro duns cantos días...
falando de Saturno, leo bastante sobre este des-astr(e); non ter astro, continuar no desastre, ser des-astrado; ando agora con "Ferrín e outras historias" de Santiago Lamas, xefe do servicio de Psiquiatria do Complexo Hospitarlario de Ourense -así di a contracapa- o primeiro dos tratados é sobre o suicidio, realmente interesante e cun galego moi peculiar (estouvos recomendando o libro?) pois non o sei
pero si, Saturno
eu diría "que as furias te consuman" pero non a Pérez Reverte
e máis cousas que leo sobre a melancolia, en Agamben creo e por certo hai un cita de Agamben que moito me gustaría anotar, prezadísimo can, é sobre o "todo está xa escrito" e en Giorgo di "pois tal e tal", teño que buscala antes de que nos despidamos, ai que tristura!
rotundamente
Ada Murati
**(a nugalla empeceme rexistrar o nome, pero son eu asegurollo, quen querreria suplantarme?)
Murati era unha marca de pitos, na antigüidade claro, polo demais ando a voltas co inglés
Enviar um comentário