quinta-feira, 13 de dezembro de 2007

AGRESIÓN.13

[A MEU TÍO CÉSAR]

flores salvaxes, flores salvaxes sobre unha tumba que nunca teremos porque é preferible ciscar a cinza polo aceite aínda fresco dalgunha paisaxe con sabor a constable, ou a corot mesmamente, meu amor. flores salvaxes ou, se o prefires, silvestres, que é un salvaxismo menos doente.




post para heriberto bens: estimado heriberto, cambio toda a túa poesía por unha flor de cardo nunha tarde ventosa de maio. xa ves, estimado heriberto, xa ves que pouco pago pola literatura…




post para paquita la del barrio: querida paquita, nunca sabería que dicirche, é probable que df sexa unha cidade que xa non exista porque bolaño marchou con ela dentro (bolaño levaba sempre dentro grandes cidades e tamén cidades miserables).




post para ray: benquerido ray, todos os meus dentes a cambio desa voz coa que me canto mentres me vou chorando mansamente, mentres me vou embebendo e resecando precipitadamente (mente precipitada, pensamento abocado ó precipicio: único e incompleto pensamento).




post para a miña amada: meu amor, ti e máis eu describimos labirintos que semellan xardíns de babilonia e, se ben os dous sabemos infelizmente que xa estamos perdidos para sempre, non deixamos de deambular pegadiños ó mirto para non despertar desta mentira.




post para chus pato: nalgún verso teu está toda a miña mortal caligrafía e xuro que con ela está tamén a man e o corpo e a infame boca aberta do inmenso cocrodilo que me agarda. non sei cal é o verso nin sei cal podería ser o meu innecesario epitafio…




post para min mesmo: grandísimo fillo da grandísima puta… se os porcos te comeran de pequeno, se no vulto de sabas ou toallas no que te arrouparon deixándote xa por morto non foran darche alento e darche vida… se non tivera acontecido tanto… en que acertaches despois de tantas noites e días e de tantas palabras e silencios? contra que pluma se vai medir o teu anodino e burdo corazón?

4 comentários:

O Raposo disse...

Si o rei Ricardo III cambiaba o seu reino por un cabalo, e Blas de Otero "todos mis versos por un hombre en paz", porque non cambiar tamén a poesía de Heriberto por cardos. Botánicamente paréceme correcto.

mongoloid disse...

vivir do conto: vivir no conto: vivir coa alegría do posible e de esperar cambiar de traxe cada día: imprecación (song of myself): celebrar é disipar por un intre a melancolía sabendo de antemán que o vendedor de almanaques explotaba as debilidades humanas (como si vendera revistas porno) e non estaba equivocado: esperamos cada ano mellor por debilidade: alegría dura e horrible de verdade sería poñerse cada día o mesmo traxe como escribíu Kafka

Víctor disse...

Os dentes vouchos tirar eu coma non te tomes a vida menos en serio...é fodida meu....pero quén quere ter razón...hai que equivocarse constantemente para que isto teña sentido

hormiga disse...

Mesmo com toda a fama, com toda a brahma
Com toda a cama, com toda a lama
A gente vai levando, a gente vai levando, a gente vai levando
A gente vai levando essa chama
Mesmo com todo o emblema, todo o problema
Todo o sistema, todo Ipanema
A gente vai levando, a gente vai levando, a gente vai levando
A gente vai levando essa gema
Mesmo com o nada feito, com a sala escura
Com um nó no peito, com a cara dura
Não tem mais jeito, a gente não tem cura
Mesmo com o todavia, com todo dia
Com todo ia, todo não ia
A gente vai levando, a gente vai levando, a gente vai levando
A gente vai levando essa guia ...
(chico Buarque dixit), ou iso penso