quarta-feira, 19 de dezembro de 2007

AGRESIÓN.15


queridísimo ray lamontagne (dous puntos), toda a poesía, toda a maldita poesía que perdeu o meu merlo e que foi parar á túa boca milagrosa, á túa gorxa de fondas corredoiras e de inconsolables letanías. queridísimo ray lamontagne (outros dous malditos puntos), daría todo o que non terei nunca por poder…, por saber…, por levar no peito esa portentosa marabilla, esa criminal maneira de facerme voar, de botarme ó leito inmaterial da tristeza coas plumas de todos os indios nos meus dedos e coa mirada malva, sempre malva destes ollos de cardo que nunca foron meus e que me levan e me levan e me levan: vai mahoma a lamontagne.




gone away from me. life is long, my love has gone away from me.




me estás oyendo inútil? life is long and my love has gone away from me.




profanador de cemiterios, profanador de textos, de todo tipo de cemiterios e de textos (que diferencia hai entre un cemiterio e un texto?).




define texto, pretexto, contexto… define cemiterio, pretexto, contexto… define gone away from me.




post para ela novamente (ela, a miña amada): nós estamos atrapados nas redes do enigma neste mar de area e de notable brisa e así ten que ser que nos vamos desfacendo desfacendo desfacendo (desfalecendo).




define biolencia, queridísima e platónica chus pato, define ti biolencia co teu manual de materialismo lírico político, co teu discurso poético filosófico, coa túa bífida gramática de escarnio e cicatrices; si, define biolencia agora que sabes todo o que eu nunca darei sabido e agora que ignoras todo canto eu non sei que ignoro.



toda a poesía en paquita la del barrio, en ray lamontagne, en arquivos sonoros que circulan pola rede de redes e que van a dar a la mar que es el morir e por eso eu vou alma en pena cunha cámara nas mans profanando cemiterios e sentindo na pel unha peculiar electricidade, un medrar de plumas (ave do paraíso, barroco paxaro impertinente e impenitente).

4 comentários:

Anónimo disse...

Non teño esperanza, só conto co cadáver dun lector, porén continúo escribindo, escribíndolle a un cadáver (tirar fotos nos cemiterios, compoñer naturezas mortas, cos cadáveres?)

xunto ao cadáver do lector hai diversos ausentes (interlocutores) vivos

O meu rostro baixo o cristal do ataúde era o dos vinte anos, o da orla da facultade

toda unha pluralidade de berces que significan

oráculos

define paxaro
define violencia
define barroco
define enigma

a morte é a matriz do verso, daqueles cos que amortallamos aos defuntos

con dozura
my love has gone away from me (sempre

Ada Murati
**

cave canem disse...

A morte é a matriz do verso...
Todo un 'manifesto'. Toda a poesía maldita (a maldita poesía que perdeu o meu merlo).

Anónimo disse...

merlo en perigo de extinción: we can't go home anymore! (haberá tripas? saberán como as de antes?)

Anónimo disse...

as de antes tiñan o sabor do corazón?, un sabor a neumatoloxía?
son neuma as tripas?

atentamente

Ada