segunda-feira, 10 de dezembro de 2007

(II) AGRESIÓN.12


da tagte es. ou non, pero por momentos tanto ten.




ler antes de escribir ou escribir antes de ler ou por onde se empeza cando todo está sen facer, cando todo está desfeito?




define birkenau (podes botar man de tanta bibliografía como queiras, podes facer chuletas, podes autolesionarte para saber en carne propia o que pode sentir un corpo cando cambia de estado sólido a gasoso).




na esfera pintada por holbein o xoven no seu cadro os embaixadores aparece a liña divisoria entre castellanos e portugueses e unha caveira tratada dun particular xeito para ofrecer a anamorfose máis curiosa das que teñamos noticia (mirar a superficie do cadro dende un lateral, case sen ángulo). puntos de vista. puntos de braille. o punto de vista dos cegos, dos cegos ollos malva da flor de cardo.

6 comentários:

FraVernero disse...

Vaia... en qué pouco tempo se apilan as agresións... co que me gustan a mín as lecturas lentas, fervendo no maxín como unha metafórica pota de caldo...

Desacougo do retrato de Holbein, do que por motivos que se me escapan, sempre borrei a consciencia da calivera desdebuxada, agás cando o vín en vivo...

malvada flor de cardo e de decumano, nesa planimetría de cuadrícula/rectángulo do Birkenau, a máquina productora de horror, cinzas e un pouquiño de xabrón.

cave canem disse...

Dito popular (ou xa impopular): 'traballo feito nadie o leva'.

En canto a Birkenau, sempre me estala na boca un texto de Virilio transcribindo unha entrevista feita a unha exreclusa,Jacqueline Lichtenstein, quen acababa de 'regresar' de visita ós restos do infernal campo: '...tuve la impresión repentina de estar en un museo de arte contemporáneo. Retomé lo que pensaba diciéndome: ªGanaronª. Ganaron porque produjeron formas de percepción que continúan ese modo de destrucción que les es propio.' Ou sexa, a anamorfose de Holbein (a mesma caveira co cardo nos dentes e o decumano no pensamento).

Anónimo disse...

Non será un autorretrao? O corte de pelo non está mal.

Anónimo disse...

Birkenau: define: o que di Virilio é interesante pero tamén bastante perverso: é un museo de arte contemporáneo, pero non unicamente: é un lugar estraño no que retorna unha forma de bio-lencia máis proxectada cara o futuro do que un museo de arte contemporáneo actual: a próxima pirámide dislocada da Tate Modern intenta inutilmente sobrepasar a inevitabilidade da súa condición de regreso, de repristinamento: nun intercambio simbólico non temos futuro, non existe o futuro: o futuro é unha forma do imaxinario que xa descendeu cara nós e está negociada: Birkenau pertencía a unha proxección primeira (eficiencia da masacre modelo-T) e hoxe é arqueoloxía desa mesma forma do imaxinario: non era en absoluto soño irracional: era moi racional, ese é o problema: se os museos de arte contemporáneo parécense a ela é porque trazan un comentario dese imaxinario: sería peor que non tiveran nada que ver con ela? se se parecen quere dicir que non son completamente asépticos e Disneyland e que teñen un contido alén de embalsamar a Joseph Beuys e Sigmar Polke: repristinan para dicir o indicible ata que ese indicible era horizonte: ata un punto de equilibro: a utopía non sería crear un lugar que non tivera nada que ver: sería crear un lugar que sendo no que a consciencia desa proxección fose inversamente proporcional á reproducción da súa posible circunstancia: quizais unha funda de guitarra na que alguén escribíu con xiz THIS MACHINE KILLS FASCISTS: non a revolución (iso é para despois): mais polo menos perpetuar o que non é inferno e diseccionar o que si sería

cave canem disse...

Claro que é perverso o que di Virilio. Mais eu parto tamén da experiencia propia, da miña visita a Dachau e das sensacións tan contradictorias que aquel espazo me xenerou. Nada que obxectar á lectura taylorista dos acontecementos históricos. Nada que obxectar ó trazo de tiza na funda da guitarra (moi muro de Pensiers)... Primo Levi rematou suicidándose. O 666 é o número da besta. Como dicir o indicible?
O santificado nos altares da arte Marcel Duchamp fíxose un día a pregunta de se unha obra pode non ser unha obra de arte. Duchamp non era menos perverso ca Virilio, pero Birkenau aínda non fumegara con 'olor a carne quemada'.

Anónimo disse...

estar diante dos botes usados de Zyklon B, ler con estrema dificultade esa palabra, non ser quen de crer o que ven os ollos, ter que deletrear, non dar creto e si, é certo o museo estatal de Oswiecim (Auschwitz)é un museo de arte contemporanea, eo en si mesmo e isto quere dicir que a medida para un museo de arte contemporanea é Oswiecim, o que ocorreu alí e o xeito en que se nos amosa hoxe

Ada Murati **