domingo, 2 de dezembro de 2007

AGRESIÓN.10


…et qu’il mouille son lit.




hai unha clara proliferación de comportamentos esquizoides cando se pasan horas cun mando da play nas mans e coa cama sen facer, coa comida aínda no plato, coa dificultade evidente de realizar unha lectura comprensiva de textos obxectivamente simples (todo texto é por definición obxectivamente simple a pesar de que non poidamos descifralo: xerarquías mentais).




fotografíar unha fotografía… nun cemiterio fotografiar unha fotografía, unha antiga fotografía de alguén a quen xa ninguén recorda.




en lausanne, onde nunca estiven, nese lugar onde a arte brut atopou o seu nicho. penso hereticamente na posibilidade de ver un día as miñas obras alí contidas, as miñas contidas obras alí contidas, naquel pequeno inmenso continente.




biolencia...




son tan numerosos os perigos que seguir vivo non deixa de parecerse a un milagre, a un día de voda en caná ou a unha tarde fría de catecismo nunha aldea perdida na memoria.




...son lit. un colchón de la, unha botella de auga quente cunha punta de encofrado dentro (primeiro laboratorio de física e, definitivamente, único laboratorio de física: unha botella e unha punta nunha cama con colchón de la). la-la-la (trío cunha punta de encofrado dentro).




define biolencia, meu amor, define biolencia co teu puñal de berros recortando pola liña de puntos os meus nervios, os meus fráxiles nervios.



toda a miña literatura unha punta de encofrado dentro dun verso de chus pato (unha botella de auga quente nunha cama fría con colchón de la).

3 comentários:

Anónimo disse...

onte, antronte, xa non sei: era un poema pequeno que respondia a túa boda en Canaa; xa non lembro nada, nunca o rescatarei... se cadra falaba dalgo que chamava por vos desde dentro da Terra

certamente gosto da túa escritura; é magoa saber que vas desaparecer, onde pensar ir?

Ada

Anónimo disse...

onde irá cave canem?

desaparecerá (dust in the wind)?

cave canem anda sempre... por aí... pero baixo outras formas...

para que cave canem non desapareza sen deixar rastro ningún e para todos os que seguen este blog con happy end (houses rise and fall, etc.)...

unha bonita banda sonora e visual... http://www.youtube.com/watch?v=g2EKghlmIyQ

desculpen se é demasiado evidente, pero coido que o can gardián saberá desculpar a miña vulgaridade... podería servir tamén para case calquera dos outros posts...

FraVernero disse...

Terríbel a botella de auga quente cando enfría, e se converte nun cadáver mol e moldeábel, fría e peluda preada surrealista agochada parasitariamente non na mesa de disección, senón aos pés, nosos e da cama...

Onde nos vai o xerador de biolencias? O que debería facer vostede é editar esta cousa virtual nun formato máis clásico de libro/imaxes. Despois de todo, un é fetichista da mercadoría, e máis do papel impreso; sobretodo cando recende a plastilina.

Un saúdo. Pense que seguramente poderá continuar na rede con novas v/biolencias, home (ou muller).