quarta-feira, 28 de novembro de 2007

AGRESIÓN.9


Φ




a sección áurea foi despois, pero antes, incluso moito antes, moitísimo antes, foi a sección feminina coa canastilla e o feixe de frechas dun vermello intenso e un xugo que en nada parecía o noso xugo, o xugo que nos uncía ás nosa vacas e ó carro ou ó arado de ferro pesado e cruel coma unha lección de logaritmos para un neno sen ánimo de lucro.




queridísima chus pato, reler é constatar que non sempre te entendo ou que quixera estar seguro de entenderte porque no fondo sei que todo o que escribo apareceu algo máis tarde neses teus libros que ti escribiras antes.




ray lamontagne ou paquita la del barrio…




define biolencia (podería servir un debuxo, un trazo cun dedo nas areas molladas desa praia discontínua e con flocos de lá que marca o contorno das nosas humidades). todo vale, todo vale para definir esa cor de flor de cardo do teu sexo oferente e inabarcable.

9 comentários:

Anónimo disse...

(este comentario non é de aquí, pero vai aquí porque aquí non hai ningún, de momento)

Pois si, "je en jeu" e o seu reverso "outra son eu"; é a ese outro/eu que seguramente si ten unha tose que pode abrir unha cicatriz, a quen eu me dirixía; poderías ti (que me trata de vostede, tomareino coma un cumprido republicano, finalmente o tuteo foi cousa da sección feminina e masculina do movemento)poderías ti asegurar que ese outro/eu nunca padeceu a enfermidade da que se escribe na oitava?. (nada de poeta) claro, claro; seguramente si o sopro, o aire e os entullos da musa pulmón nos que implosión fragmenta o alento
miña queridísima dama flor da cor dos cardos, dos cardos?; si, si, das dunas e o seu brillo prata pálido dos cardos

ese outro/eu, con tise que o idioma (tamén vostede) enxendra

Que non me tomaría a molestia, senón porque me interesan os seus textos
**

Anónimo disse...

Carai, que ambientillo... Imos ver, recapitulo: hai flores abertas (mecachis, que diría Antón), hai biolencia pero non samurai, hai agresións e anónimos. O ambiente perfecto para unha curtametraxe.

cave canem disse...

Non sei moi ben como se debe tratar a un anónimo (por suposto, con delicadeza), de aí que non me atreva ó tuteo.
Podo dicirlle que existen mais tuberculoses que as que medran nos pulmóns, créame. Tamén podo dicirlle que a tuberculose/tise destes textos foi clínica antes de ser lírica e, eso xa non podería aseguralo, foi tamén lírica antes de ser clínica.
Tan só espero que non deixe de interesarlle seguir visitando estas propostas -parece ser- de curtametraxes.
Atentamente.

Anónimo disse...

chamome, para vostede e desde xa Ada Murati, supoño que terei que rexistrar o none nalgunha conta, cousa esta que me amola, pero fareino; con todo dicirlle que anónima, anónima non son, asino os meus comentarios cun doble asterisco, xa o ve vostede; en fin tratareino eu tamén de vostede, e por favor "non perda a súa vida", nin sequera por delicadeza

atentamente

Ada Murati
(antigamente **)

cave canem disse...

Ada Murati é un fermoso nome e pido desculpas por non ter reparado no antigo (dous asteriscos tampouco estaba mal, lembremos que os 'Cantos de Maldoror' foron firmados con tres asteriscos).

Anónimo disse...

Fíxose resistente aos antibióticos. Igual que a miseria.

FraVernero disse...

Vaia... a tise estivo reberichando os recunchos do seu ser? Mala cousa, mala cousa...

De certo que tiña o aire de 'enfermidade elegante' a comezos da era romántica. Mais rápidamente, a teor do publico preferencial nas butacas do seu Teatro de Morte (a saber, o proletariado), a Tuberculose pasou a ser unha nova peste, e un mal a engadir ás clases baixas: a de seren diseminadoras de bacilos. E unha boa excusa para impoñerlle a hixiene, como diría o filósofo, 'a martillazos'.
Da enfermidade teño un libro curioso na casa que me regalara, fai moitos anos, un médico, na inxenua esperanza, supoño, de influirme cara a súa propia práctica, que certamente é un bo retrouso de 'biolencia'. Polo momento, quédome coa súa, Mantedor (ou /a?), e creo que saio gañando...

mongoloid disse...

asterisco: étoile: estreliña da fartura: celestial (e sempre perigoso) suplemento: crecemos descontroladamente arredor do tecido saludable ata corrompelo: o bailarín fiorentino Lully morreu diso e dos rapaciños: Language is a virus from outer space: epifanía tísica: collage tuberculoso: seja can herói (vid. Sontag, Susan, "Illness as Metaphor", New York, Picador?, 1978)

CresceNet disse...

Oi, achei seu blog pelo google está bem interessante gostei desse post. Gostaria de falar sobre o CresceNet. O CresceNet é um provedor de internet discada que remunera seus usuários pelo tempo conectado. Exatamente isso que você leu, estão pagando para você conectar. O provedor paga 20 centavos por hora de conexão discada com ligação local para mais de 2100 cidades do Brasil. O CresceNet tem um acelerador de conexão, que deixa sua conexão até 10 vezes mais rápida. Quem utiliza banda larga pode lucrar também, basta se cadastrar no CresceNet e quando for dormir conectar por discada, é possível pagar a ADSL só com o dinheiro da discada. Nos horários de minuto único o gasto com telefone é mínimo e a remuneração do CresceNet generosa. Se você quiser linkar o Cresce.Net(www.provedorcrescenet.com) no seu blog eu ficaria agradecido, até mais e sucesso. If is possible add the CresceNet(www.provedorcrescenet.com) in your blogroll, I thank. Good bye friend.