quarta-feira, 7 de novembro de 2007

AGRESIÓN.3


neste mesmo instante estáse cometendo un crime nalgún lugar do mapa, nalgún lugar dalgún mapa. dende que iniciei este parágrafo (xa non quedan case versos) probablemente van ducias de crimes cometidos. un asasino cégase coa cor do sangue e ensáñase coa súa víctima. o asasino era un cidadán aparentemente normal, afable cos seus veciños, ben visto no seu traballo, etc. como se sabe cando cometer o primeiro crime, o primeiro asasinato?




pois si, unha voz de muller pregunta pola definición de biolencia e aí arranca unha barroca e extraordinaria historia. …todas as historias son, sen dúbida, extraordinarias, por eso esa tamén, por eso tamén.




coma nunha canción de paquita la del barrio acompañada polo guitarrón e o inequívoco son das trompetas do apocalipse. querida chus pato (dous puntos), e se fora esa toda a poesía? pero non, non te preocupes, non quero atreverme a tanto, ou, supoñendo que quixera, que importancia podería ter? querida chus pato, ti que lle dedicas libros a heriberto bens, ti que ben dis como medran os bosques sobre as cidades arrasadas (xúroche que bagdad é un lugar común e non un plaxio, desgraciadamente). querida chus pato, toda a poesía de heriberto bens nunha canción de paquita la del barrio…

1 comentário:

Anónimo disse...

e aínda máis: a última chamada hai que esquecela (en Varsovia, antes, agora?): onde cabe Heriberto Bens: a resposta é infinita: cabe en Derek Walcott: pero tamén cabe en Ana Kiro, en los orzamentos generales del Estado (Español, claro) e tamén na Cova Céltica: identificación é a última parada: non acabamos todos ó final vivindo ó pé do abismo que denunciaba Lukács? (vid. Trotsky, Leon, "Literatura y revolución", Paris, Ruedo Ibérico, 196?)