sexta-feira, 23 de novembro de 2007

(II) AGRESIÓN.7


o peso brutal do meu propio cadáver mentres camiño entre tanta ignorancia, entre tanta ausencia de palabras para describir o mundo, para equilibrar o balance e o balanceo (que vals máis desastrado vou danzando!).




define biolencia… define biolencia, meu amor, como se meteras unha ortiga entre as páxinas do libro de familia e se producira o milagre máis obsceno e inimaxinable.




os meus ollos crueis non deixan de ver naturezas mortas alá por onde pasan, espantos na mirada.




que se nos perde na casa de poe? que se nos perde en nova york? que se nos perde na nosa propia casa enferma e deforme, na nosa casa chea de pequenos sacrificios? que se nos perde nos magritte?

5 comentários:

Anónimo disse...

"Le goût du pervers pour les miroirs peut prendre une allure démonstrative, au-delà même de leur portée: il en tire plus encore, image de lui-même, qui sait, comme pour des considérations théoriques, qu'une différence le distingue toujours du double."

Guy Rosolato

cave canem disse...

'La relación entre las diferencias conceptuales hacen la diferance'.

Doppelgaenger.

Artaud: teatro e doble.

Stevenson dalgún xeito.

Ocón de Oro.

Chus Pato / Heriberto Bens.

...and more, and more, and more (Can).

Mongoloid: extensas superficies de gramatextualidade. Un denso manual de derrotas lingüísticas e, por qué non, tamén mariñas (navegar é preciso...).

FraVernero disse...

Cada día a mellor...

Canto á vinganza de Chus Pato polo asalto, non á Razón, senón á súa imaxe e figura, eu non me preocuparía moito. Polo pouco trato que tiven con ela, é unha persoa encantadora. Agasalláranos cando a trouxemos a Noia (buff, sería o ano 99) con edicións de 'Urania'. Confeso que daquela non lera nada dela, algo que puiden ir subsanando, incluíndo as edicións raras...

Anónimo disse...

fotografar o propio cadáver, fotografar o cadáver das furias, o de Antigona, fotografar todos os cadáveres de Tebas; compor con eles unha natureza morta, facerlles bailar unha danza macabra; fotografar os dobles do labirinto, os dobles dos cadáveres, os dobles de Artaud, de Magritte... sobre todo o de Poe, os corvos
ser como os fonemas e as letras, seres metade nada, metade corpo, ser escritura
**

Anónimo disse...

a perda era o que definiu o século XX

chus pato e magritte viven xuntos ao pé do deza

quen o sabe