quinta-feira, 8 de novembro de 2007

(II) AGRESIÓN.3


que fas cando nunha aula che preguntan o significado de rupícola e tes que dicir non sabe non contesta? a fin de contas que sabemos? tanto ten non saber o que significa rupícola como sabelo (me estás oyendo inútil?).




que fas cando nunha aula non che preguntan nada? ti falas de corpos escuálidos e de mirada baleira, de corpos que prologan un incendio e non hai quen pregunte, ninguén pregunta.




non hai peor poeta que o que vive nas aulas, sen embargo hai que ser poeta para vivir nas aulas e, por suposto, moi bo ou moi mal poeta para morrer nas aulas. unha aula sen poeta transfórmase en territorio árido no que non existen sombras, n-o-n-e-x-i-s-t-e-n-s-o-m-b-r-a-s, non, non existen sombras. que sombras pode producir a vexetación rupícola na alma, na alma burda e atrofiada do poeta ausente?




sete trompetistas para unha apocalipse… sete trompetistas exceden calquera brass band, calquera mariachi.

4 comentários:

FraVernero disse...

Ruptura provocadora da imaxe...

Ruptura provocadora do texto...

Atopo moi do meu gusto estas túas 'agresións' (sen que sirva de precedente nese eido) na danza do visual e panóptico...

cave canem disse...

Querido Fra, encantaríame poder dicirlle que ten vostede un magnífico gusto, pero seguro que me tomaría vostede por un vanidoso pedante (o que probablemente tería moito de certo). En fin, bromas aparte, grazas pola súa opinión.

Grazas tamén a todas e todos os que comezaron a seguir este 'biolento' blog.

Espero que non deixen de visitalo porque eso, e unicamente eso, xustificará a súa existencia.

Sir Gawain disse...

estar engaiolado é sempre estar engaiolado (dentro da sociedade de consumo, entedámonos, a vida, ben o sabía Rimbaud, é outra cousa): T.S. contaba billetes e escribía letras de cambio: a liberdade é condea: non a lectura dos meus ineptos profesores de secundaria (case todos) de Sartre-Fenando Savater: da liberdade se morre (fisica e dolorosamente): véxase Spinoza tragando po de vidro e escribindo para nada e para ninguén: obedece cegamente a un instinto heterónomo e fatal como un deus escuro e suficiente como a conciencia da finitude e de estar erradicándose (?): para morrer nunha aula hai que estar preso (vid. http://www.youtube.com/watch?v=U9xtqhl5Yfo)

cave canem disse...

Primeiro a Igrexa e despois a Nobreza!