segunda-feira, 26 de novembro de 2007

AGRESIÓN.8


ray lamontagne.




que será daquel baixo infame na rúa jazmines, daquel baixo que era o espazo-tempo que separaba o inferno do purgatorio e donde, teño que dicilo, houbo instantes de felicidade, de miserable felicidade?




a miña tuberculose. as biopsias. o cancro de paco (oito horas nun quirófano para morrer oito meses despois). de que nos servía tanta poesía naqueles tempos duros de ametralladora, de tirados ó monte da máis inconsciente resistencia? alí foi a fractura, o abismo ingrávido e viscoso que me deixou esta mirada de molusco, estes ollos de terra e cemiterio.




o teclado e a disposición das letras: que criterios de orde e desconcerto foron os aplicados para deixar o 'a' nunha beira e o 'h' tan mudo no centro mesmo, nesa liña imaxinaria que pasa por greenwich e que determina a hora e o día no que che dixen por vez primeira pero non única que te quería?




ray lamontagne.




define biolencia.




saltar dun magritte a un roland barthes sen solución de continuidade e caer nos teus brazos: esa podería ser case a historia da miña vida de non prestarlle atención a tantas outras cousas que…




define suicidio.




define abrazo.




…un meridiano é libro de horas, misal de misa seca. un meridiano é unha derrota imposible polo mar das ausencias (o único mar, o mar da morte e dos fondos de cinza dun gris atroz e atormentado).

8 comentários:

O Raposo disse...

Atopo neste lugar textos que non deixan indiferentes o que, nos tempos que corren, non é pouco.

cave canem disse...

Un raposo que non lle teme ó can!
Benvido a este galiñeiro. Confeso que eu tamén teño parado pola súa cova baixo outra 'aparencia', antes de chegar a ser 'cave canem' e botar a andar esta 'biolencia'.
Seguirei visitándoo.

Anónimo disse...

"... da máis inconsciente resistencia"; cave, fariasme o favor de explicarme un pouquiño máis este concepto, teño moitísimo interese
e coida esa tose que non abra de novo as cicatrices da tise
**

cave canem disse...

Estimado/a anónimo/a, o primeiro, agradecerlle a súa preocupación pola miña saúde. A tise (e tamén a sífile) ten sido noutros tempos condición sine qua non de todo espírito (paradoxo) delicado e/ou sensible... Xa non. Agora coa rifampicina e cousas semellantes non hai dama de camelias nin pano ensangrentado posible. Nada de poeta maldito (nada de poeta).
En canto á explicación que me solicita esixiría de min esforzos e capacidades para os/as que non me considero dotado nin motivado. Créame, síntoo, pero en calquera caso déixese levar pola intuición (se é feminina moito mellor).
Un cordial saúdo.

p.d.: sen pretender aconsellar: non faga caso de todo o que se escribe (cando menos de todo o que escribo).

SurOeste disse...

Meu Deus, isto está cheo de bichos que marcan o seu territorio. E todos a ver que "está más puesto". Danme ganas de ordenar as imaxes esas que nos pon o can de engado, parecen -son- un rompecabezas.

Sir Gawain disse...

hai un home de barba (Barbès) co que sinto unha extraña afinidade: o noso amor non é xa celestial (Sarah, ouh, Sarah, are you scared of happiness?): nin querendo: a miña planta de flores violeta morre con ou sen auga con ou sen sol: onde estará Rita Lee agora ou Mme. de Mortsauf?: as peras xeneticamente modificadas non saben igual (vid. Todorov, Tzvetan, "Éloge du quotidien", Paris, Seuil, ?)

Anónimo disse...

Joder, que nivel, cantos nomes. Parese o Hola.

FraVernero disse...

Outro libro das horas que poida complementar as agresións podería ser o de Rilke. Canto á biolencia, un canto novo, agora por V/Biolenza Goterres...