o poder da fotografía, si; da imaxe, pero sobre todo da fotografía. unha cámara interpoñéndose entre unha paisaxe e unha mirada (encadrar, manipular co zoom, etc.)…
taxidermista: desecar un pedazo da realidade nunha mensaxe de datos cifrados para ser traducida cun software equis nunha pantalla dun pc ou dun portátil a unha hora impredecible dun almanaque (un almanaque contén reloxos dalinianos deitados sobre os nomes dos días e das noites). si, definir biolencia. biolencia con b, con b de balicia, de bigo, de bentre de silencio.
heriberto bens é chus pato cun xiro de 180° (pero xa dixen que eu son de letras e heriberto bens e chus pato son de ciencias, políticas, si, pero sempre ciencias). os nomes remiten ó antigo testamento ou, cando menos, a un testamento antigo (¿me estás oyendo inútil?).
toda a poesía nunha casete de paquita la del barrio, queridísima chus pato, a non materia atrancando o universo coma se do centro mesmo de bagdad se tratara e un coche bomba… unha actriz dicindo: define biolencia.
a dentadura do proletariado. si, digo ben (escribo o que pretendo): dentadura. roer a realidade, meterlle o dente e facer a revolución en directo no luar, no único luar que pervive en balicia, no luar de gayoso.
…son cardos en flor, pero non sei que tipo de cardo, que tipo de flor. os teus ollos, son cardos en flor os teus ollos mirando lamentablemente.
afirmar que o tempo sempre pon as cousas no seu sitio é aceptar o inaceptable. todo está no seu sitio, esa é a nosa desgraza. en todo caso podemos aceptar que a destempo concedemos méritos ou deméritos que nunca poden ter carácter retroactivo. parches nas conciencias, bálsamos na perspectiva. o mito da ave fénix permite facer voar a imaxinación, non é pouco, tampouco é gran cousa, apenas unha flor de cardo, unha mirada crabuñada e fina coma o instante exacto que divide en dúas partes iguais o día e a noite un mes de marzo calquera nun hemisferio calquera.

5 comentários:
Con b de bobo, con b de burro, con b de barbaridade, con b de bosta, con b de bazofia, etc.
...de vicio, de váter, de verbena, de virxe, de víctima, de vulgaridade, de vinagre, de very interesting opinion, de velvet underground, de verde que te quiero verde, de virxilio vieitez,etc.,etc.
Volte vostede cando queira.
rapaz, como te puxeron!!!
pero vexo que tes mao esquerda. bo, o que dan sí duas verbas(b=v), pra un poemario enteiro.
tí síguelle dando para o dereito que eu leerei do reves.
Faltan as iniciais, disto é proba Barthes (monomanía, pardon) que aínda que gostaba unicamente de Bach e de Schumann versionaba sen sabelo ós Smiths (que son como unha versión panóptica de, inevitablemente, Paquita la del Barrio con B de Latín).
Era o que nos faltaba? Agresión non é vida, individuación imposible é o tecido do real (a pantasma dese adxectivo é a mesma humanidade), o que semella é e o que é non se sabe.
Maybe tomorrow, maybe someday...
Maybe, Mongoloid, maybe...
"Estás perdiendo el tiempo
Pensando, pensando
Por lo que más tu quieras
¿Hasta cuando? ¿Hasta cuando?
Y asi pasan los días
Y yo, voy desesperando
Y tú, tú, tú contestando
Quizás, quizás, quizás"
(ou da rizomática complexidade dos boleros).
Enviar um comentário