quinta-feira, 22 de novembro de 2007

AGRESIÓN.7


no ano 1965 magritte viaxou a nova york e alí quixo visitar a casa de poe. pero esto non é unha pipa, meu amor. apenas un paxaro parecido a un corvo, un paxaro negro derredor da torre de narla (o pan de friol agardando pola súa misa: corpo dun cristo amarelo coma eses lirios que tanto me irritan).




xa sei que todo está escrito, que escribir é un acto obsceno e inútil e que non teño nin unha triste pistola que levar á boca.




existe un merlo que cada mañá canta a súa particular melodía para min sen el sabelo. entre tanto subsista ese imperceptible fío de esperanza teremos unha razón para soportar tantísima dor (enténdeme, meu amor, non teño outro xeito de dicircho, de dicirmo). aquí metido, aquí a medio enterrar nestes versos (que versos?) preñados de chatarra, neste libro apócrifo de chus pato que algún día asinarei co meu sangue vulgar e transparente coma nunha novela de aventuras na que uns nenos embarcan cara ó mapa dunha illa sen nome rodeada de sal e de inmundicias.

8 comentários:

Anónimo disse...

imaxine que é Poe quen chega á casa de Magritte, cando aínda militaba no Partido Comunista Belga -o mesmo que financiou 'Borinage', de Joris Ivens-. Onde estaba Chus Pato?

Anónimo disse...

tampouco é algo diferente dunha pipa.
(...) non o Cristo, senón só tal lugar medio: que xa non sería a cruz, senón só o cruce, a intersección e a distancia, o estrelarse na dimensión mesma do mundo. Isto sería a cima e o abismo dunha deconstrución do cristianismo: a dislocación de Occidente

Ch. P. estaba nun autobús cuns compañeiros de traballo
**

cave canem disse...

Pois si, o centro está en todas partes (aquel filósofo dixit) e seguramente Chus Pato estará farta (hipótese de traballo) de que os meus textos se precipiten dende ese seu nome/núcleo (eu penso tamén entón cinematograficamente e vexo ós protagonistas de 'Estación central Brasil' recorrendo metafísicas estradas ata bater co seguinte fotograma que, non me estrañaría, pode ser un Glauber Rocha).
Xiros.

Anónimo disse...

non te amoles co de que se lle parece ou lle deixa de parecer, andache esta temporada no autobús preto de Wadi Halfa con Liberty Aguirre e alí non che hai cobertura; cando veña se se entera vaille sentar moi ben
**

cave canem disse...

Touché.

Anónimo disse...

moi lonxe de todo (buses, Costa da Morte, El Pais edición Galicia, Chus Pato, evidentemente), solos en Kyoto: recorden o que Cocteau dixo sobre a esencia do artista: que cando está metido en fariña a súa firma basta para que a copia se traspase a si mesma: para que o autobús quede sepultado (cor primaria) entre tépedas capas de pintura ou redes de araña ou unicamente néboa como nunha canción de Cocteau (Twins)

Anónimo disse...

pero cerca de dios, e de devo...

Anónimo disse...

Merci beaucoup!!