domingo, 11 de novembro de 2007

AGRESIÓN.5



brandindo unha anacrónica alabarda preséntaste ante min coroada de anises e cicutas ou acaso non exista diferencia.




sete semanas de baños de asento en auga de ruda e quen sabe xa onde se pode apañar ruda coma naqueles tempos nos que as plantas tiñan cadanseu nome na mirada da xente e a man ía sen esforzo directamente ós seus talos!




a carón do cemiterio permanecen os restos marmóreos dun cristo apeado bruscamente do crucifixo e semella estar facendo un paso de baile se non fora porque os seus pés descansan separados do resto do corpo nun pequeno saínte do receptáculo para as flores onde o deixaron metido probablemente para unha imposible reparación (a resurrección non existe, parece querer dicirnos).




as historias de amor poden morrer de repente entre a facturación da equipaxe e a hora de embarque: velaí o perigo dos aeroportos.

5 comentários:

Anónimo disse...

bbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqqbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbb

cave canem disse...

O malo do 'anónimo' é que non deixa adiviñar se é o mesmo da entrada anterior ou se é un novo. En fin, supoñamos (supoño) que xa é unha sorte ter un e que sería moita breva contar con dous.
O certo é que o seu discurso manifesta cando menos formalmente un certo seguimento do blog, está claro que lle gustou a idea do medio xiro que transforma o b en q e viceversa.
Ánimo, anónimo, non abandone!

Anónimo disse...

luces como en Ariane Mnouchkine: para que o texto saia ó medio da ágora con touros e faíscas e árbores con sombra e cabaliños que suben e baixan como os da festa e incluso a orquestra Los Sprinters mentres Suzanne e Figaro gastan pista... será que tocan Paquita la del Barrio (?) ou John Cale a ritmo dos ecos dunha danza sufi...

cave canem disse...

O que ten a nostalxia! Danza sufí no campo da feira, rosquilleiras á beira do camiño, rifas para o sorteo do carneiro no descanso da festa! Paquita é unha enorme metáfora, igualiño ca o crismón de Quiroga. John Cale non sei o que é.
Que podo dicir?
O poeta é sempre unha hipótese e o poema unha proposición indecente. A POESÍA: esa entelequia, esa relixión. O burro e a cenoria (ben dixo o anónimo -b de burro-, b e q, xiros de danza sufí).
Os meus respetos, Sir.

FraVernero disse...

Estupendo, estupendo! Non se trata de afagar ao dono (ou dona) desta casa, senón de renderse á tersa cadea de verbas que brosla en estupendos significantes. Encántame! E iso que son unha persoa pacífica, alienada das agresións por principio...

Agardo que sigas a deleitarnos, e por moito tempo, e por moitas liñas!