quarta-feira, 21 de novembro de 2007

SEGUNDA REGRESIÓN


9 comentários:

Anónimo disse...

A nena de 'El exorcista'. Mamaíña, que medo.

Anónimo disse...

ás veces falades de música.....Cassius, "eye water", do album "15 again"... a beleza quebradiza, o xesto uni-equívoco, ecceidade, que dirían os outros (Duns Escoto/Deleuze), o Encontro, que diría o outro, o mesmo....unidade e diferencia

cave canem disse...

Colono Escopio, terei en conta a suxestión que me fai vostede, por suposto.
O qwe non entendo é a páxina á que me dirixe o seu enlace: paisaxes moi bucólicos e textos indescifrables (???).

En canto a 'anónimo', non mirara eu dese xeito a cousa. É un interesante punto de vista: un xiro completo de cabeza que comez hai séculos e remata nos nosos (?) días.

FraVernero disse...

Arredemo... canto e tan ben nos crea, señor (ou señora) biolencia... Se é que vai ter razón don Carlos (non o de Schiller, senón o Tolo de Tréveris, que dicía un mestre dos meus mestres) de que vostede é a parteira da historia... e destos texto-imaxe que tanto me gorentan...

De onde virá vostede? Nada provén da Nada... mentres navego os seus deliciosos textos, tentarei exprimir o meu maxín...

Anónimo disse...

a metade inferior do rostro semella case Joan Crawford: penso que ese case que non é conta máis que o que é: vendo 'Cat People' tamén un pode pensar o mesmo: o moderno sabe que o máis importante non é o que sucede no intre da oposición: luz/sombras: o importante está entre: así é que a historia é un mero comentario ambiguo para un exercicio de estilo: entre (merci, colono escopio, toujours comme Deleuze) suceden as correntes ocultas: eu preferiría que non semellase a Joan Crawford (vid. Mannoni, Octave, "Clefs pour l'immaginaire ou l'Autre Scène", Paris, Seuil,1969)

cave canem disse...

Mongoloid, o seu 'in between' semella Bhabha puro.

Ó frade deixareino meditar o tempo que precise (ollo, tampouco se trata de emular a Rip van Winkle).

Anónimo disse...

era Robert Bresson que recollía a Einsenstein: o cinema está no que hai entre plano e plano:

Paul Celan:

Anónimo disse...

Sr. Cave Canem:
no ten nada que entender que o meu pseudónimo estea ligado a unha páxina con paisáxes de bosques xaponese....só era unha tímida tentativa de agresión. Vexo que funcionou.
Os textos son descifrables, pero tampouco é importante..¿no é acaso este un bo ámbito para textos indescifrables? (jejejeje)

cave canem disse...

Colono, parece ser. 'Yo incluso diría más': da imposibilidade de descifrar o(s) texto(s), nin con micro-, nin con macro-.
p.d.: desenfundarei de novo a Gavin Bryars, advírtollo.